viernes, 18 de mayo de 2012

Solucións (editado)


O problema superlativo do copyright é determinar que é o orixinal o que se debe pagar. Tal e como se narran nos textos de Rodríguez Ibarra, o ben creado por un autor baséase a súa vez noutros, polo que estásenos a cobrar por algo que o propio autor 'robou' ; sendo isto incoherente. Por outra parte, outro problema é coñecer que é exactamente o que está baseado no copyright, porque inténtasenos obrigar a pagar outros elementos conformantes que non están defendidos por copyright. Por exemplo, ao compoñer unha canción estás empleando varios sonidos (consonantes e vogais) e non se debería pagar por unha mezcla de eses sonidos. E, se hai que facelo, o compositor terá que pagar o diñeiro ao que descubriu as vogais e consoantes (que estará máis que morto).
Á hora de crear novas obras, plantéxasenos o problema de que ao fin e ao cabo, esa obra é unha mezcla de outros elementos existentes anteriormente. Se é unha escultura, o ferro xa existía. Se é unha canción, as notas e instrumentos xa existían. É un tanto egoísta e incrible cobrar a orixinalidade de algo, cando está baseado noutros algos que tiveron que obter unha orixinalidade, a cal no se cobrou ao autor do novo producto.


A solución, por parte dunha consumidora coma min, sería complicada, pero da filosofía do 'ollo por ollo e dente por dente': que os que aportaron os materiais do producto vendido, que cobra o copyright, se leven unha porcentaxe de todo o diñeiro obtido. Por exemplo, se Alejandro Sanz consegue 10 millóns cunha canción, que se lle de un 1% a empresa que lle deu o micrófono do estudo, outro 1% ao que aportou a máquina de edición da canción, outro 1% ao que tocou a guitarra... etcétera. E claro, esta idea non gustaría. Pero soamente quedaría a opción de non cobrar o copyright, cousa que non creo que guste ás empresas vendedoras. 


A solución que aporta o autor que debería levar a cabo o Estado é destinar a cantidade obtida pola recaudación dos ingresos por compesación por copia privada á industria cultural nacional, sendo repartida de maneira que se coñeza públicamente e ao detalle. Tamén que se añada unha casilla na declaración da renta na que se poida destinar unha parte dos impostos para a compensación da copia realizada de maneira privada. Solucións lóxicas, xa que así se recauda o diñeiro de xeito que o cidadán o fai voluntariamente, e para evitar recaudar o diñeiro de maneira obrigada, puidendo provocar o enfado do consumidor, que é o último que hai que buscar no comercio.

A pirataría II (editado)

A gran problemática de todo o mundo da propiedade intelectual é que é moi difícil respetalos, debéndose sancionar soamente a aqueles contidos web que busquen beneficio. Según sucede en España (Sección Segunda) sancionarase se un comité especializado (os xuíces quedan afastados e a súa opinión relegada) decide que a túa web non respeta a propieda intelectual, ao propietario da web. Incluso sendo o contigo ilegal pequeno. Isto provoca que se orixine un gran dilema: non hai obxetividade e cada Estado ten a súa propia opinión da defensa da propiedade intelectual. 
Se nos propón que se sancione a aquelas páxinas web que busquen o beneficio a partir de esta 'ilegalidade'. E resulta o máis lóxico, xa que hai artistas nacidos en YouTube (como exemplo temos a Justin Bieber) que grazas a esta 'falta de respeto da propiedade intelectual', aparte de obter maiores opcións para o usuario, obtense tamén, máis posibles 'clientes' por parte do propietario intelectual.As solucións polo momento son moi variadas. Mentres en Estados Unidos están coa Ley SOPA (coñecen que esta ley afectaría a toda Internet, por eso suspendeuse a toma de decisión de aprobar ou rechazar), en España atopámonos con algo máis radical, pero máis local como é a Ley Sinde. A mellor solución é o acordo entre ambas partes (a empresa que vende e o consumidor) e que os gobernos soamente se ocupen de efectuar esa ley establecida. En Internet non debe haber 'gobernos', xa que é unha plataforma libre, utilizada por todos como medio de comunicación e información.


jueves, 17 de mayo de 2012

A pirataría

Nestes dous textos atopámonos coas posturas que deberían ter ambas partes protagonistas do troco da información e os seus pagos. Ambos preséntannos unha idea clara: hai que saír do pensamento de que temos que defender a propiedade e parar de catalogar coma piratas aos usuarios de Internet que descargan cousas, e centrarse máis en resolver este conflicto. Proponnos, con exemplos de iTunes, Netflix... que hai que desarrollar máis plataformas onde se ofreza máis simpleza e comodidade ao usuario e, máis importante aínda, que paguen menor cantidade por maior calidade que os contidos 'ilegais' ('ilegais' para leis coma a Sinde no noso caso). 


Débese chegar a un punto intermedio onde ambas partes, as empresas e os consumidores, poidan estar de acordo e levar beneficio ambos. Se as empresas non ceden e, por exemplo, seguen vendendo discos a 20€, o consumidor preferirá, como é lóxico, descargar contido con menor calidade. Se o consumidor non quere pagar por (seguindo co exemplo) ese disco, a empresa tampouco vai ceder. Por iso se nos mostra o camiño mediante iTunes e Netflix. A primeira obtivo 10 millóns de ventas no mundo da música virtual a precios máis rebaixados, pero ofrecendo unha maior calidade de audio. A segunda é un videoclube que ofrece unha tarifa plana por 6€ ó mes, seguindo coa idea de baixar os prezos mentres se conserve o beneficio, otorgando a cambio unha calidade e simpleza que agrada ó consumidor.


É unha gran solución a de comprar un producto por un menor precio, pero no mundo virtual, obtendo maior calidade que a descarga. Outra das solucións podería ser o de 'alugar' os productos por determinado tempo e evitando a súa 'expansión' para compartir o contido en línea (é dicir, poñelo na rede para que outros o poidan descargar) e despois que se retire ese contido. Como exemplo, no iTunes, pódese 'alugar' unha canción, reproducila durante unha semana e que despois desapareza do teu ordenador. Deste xeito pagas un menor prezo do que sería compralo para sempre.

lunes, 26 de marzo de 2012

O consumo colaborativo

Comezamos a deixar atrás a sociedade hiperconsumista para poder dar paso ao incrible consumo colaborativo. Deste xeito reinvéntase o que consumimos e a forma coa que o consumimos; damos lugar na nosa sociedade ao trueque e aluguer dos nosos propios caprichos e desexos á hora de mercar e que logo non se utilizan.

Coa gran evolución da tecnoloxía, posibilitouse a confianza entre persoas que se descoñecen totalmente, e que ó final, fan un intento de imitar relacións que antes se tiñan en persoa. Pero aquí está a gran interrogante para todos: De onde surxíu a idea do consumo colaborativo? A solución é ben doada, nós pasamos de ser consumidores pasivos, a ser creadores e incluso colaboradores; demos lugar a Xeración We. 
Aínda que levamos convivindo e compartindo cousas dende sempre, houbo varias razóns para deixar atrás a xeración na que solo pensabamos en nós mesmos (é dicir eu e solo eu) e dar lugar o real e palpable consumo colaborativo :
1.Aparece unha fe renovada na importancia da comunidade
2.Crecente número de redes sociais de igual a igual e de tecnoloxías a tempo real
3.Preocupacións non resoltas sobre o medio
4.Recesión mundial que impacta sobre o comportamento dos consumidores


Ademáis atopamos 3 sistemas diferentes que fan cambiar a mentalidade e permiten compartir recursos:
-Mercados de redistribución, é dicir, un obxecto sen utilizar pasa a un lugar onde é necesario 
-Estilo de vida colaborativo
-Servicio de intercambio de recursos e productos, fundamentándose en que pagamos polo beneficio do producto, sen necesidade de poseelo directamente.




A idea fundamental na que nos baseamos na sociedade actual é : NON QUERO COUSAS, QUERO AS NECESIDADES QUE SATISFACEN.

domingo, 25 de marzo de 2012

Crowdcomputing

Día a día atopámonos con diferentes formularios, ou imaxes coma esta que debemos resolver. 
A isto se lle chama: CAPTCHA 
Unha captcha é un sistema de recoñecemento para saber se o usuario que está accedendo a unha aplicación, é un humano ou é unha máquina que procesa datos automáticamente.Para isto utílizanse imaxes deformadas que son difíciles de ler por máquinas, pero o usuario humano enténdeas fácilmente. Ademáis serven para combatir o spam.


A medida que foi evolucionando este campo, apareceu outro novo termo que xurde ó darse conta de que xente de todo o mundo ingresa uns 200 millóns de captchas e gastas nisto, uns 10 segundos do seu tempo. Para atopar algunha forma de converter este esforzo en algo útil para a humanidade, elaboran o RECAPTCHA. Este sistema ademáis de verificar que son humanos, axuda no proceso de dixitalizar libros. Para iso séguense unha serie de pasos:
1.Escanéase un libro e obtense unha imaxe que contén o texto de cada imaxe.
2.Un programa informático ou tecnoloxía chamada ROC converte a texto, todas as palabras da imaxe.
(Aínda que existen problemas co ROC á hora de obter imaxe de libros antigos, con páxinas amarelas...)
3.Tómanse as palabras que o ordenador non descifra e o recaptcha fai que as persoas as descifren mentres introducen unha captcha na web.
4. O sistema pon dúas palabras: unha descoñecida (da que non se coñece a resposta e polo tanto o sistema non a puntúa) e unha coñecida ( que se se ingresa ben, supónse que é un humano). Que as palabras sexan ao azar, deu lugar a cousas interesantes como foi producir un gran meme: CAPTCHArt.
DATO: Coa cantidade de captchas introducidos diariamente, axúdase a dixitalizar uns 200 millóns e medio de libros ó ano.


A partires de aquí, xurde unha cuestión nova para resolver por parte de Luís Von Ahn: Cómo podemos facer que 100 millóns de persoas traduzan a web, a idiomas principais de xeito gratuito?
Primeiramente atopámonos con 2 problemas:
1.Ausencia de persoas bilingües
2.Motivación
E a continuación preguntámonos cómo motivar ás persoas para que o fagan gratis. Luís atopa unha solución e crea xunto co seu equipo, unha plataforma chamada DUOLINGO, que nos axuda ao aprendizaxe de outros idiomas a medida que imos traducindo a web. Todo isto é obra dun gran traballo colaborativo por parte de todos, tanto dos creadores como dos participantes.

viernes, 17 de febrero de 2012

Amateurización de contidos


O mundo artístico e da fama é moi relativo. Quen non soñou nunca con ser famoso,poder cantar algunha canción ou mesmo facer unha coreografía que fose recoñecida? A partir destes pensamentos abordamos o tema da amateurización dos contidos.
A consecuencia deste asunto, son dúas vías contraditorias, unha pode ser o perigo para os artistas e patrimonio cultural e outra a aparición dunha nova corrente artística. Ésta pódese considerar positiva porque aparecen máis artistas que suben os seus contidos para ser vistos, e para eles é un novo recurso que os potencia e axuda a ser recoñecidos ou mesmo gozar da fama online.
Por outra banda atopamos a parte negativa do tema, os propios artistas vense perxudicados tanto no ámbito económico como no moral,xa que ven que ahora calquera pode ser `artista´, e deféndense dicindo que os seus contidos teñen máis calidade. Ademáis Internet ofrece actualmente programas estilo Ares, que con só un click pódense descargar miles de cancións gratuítamente, por iso o traballo das compañías discográficas vese tamén afectado.
Sen dúbida algunha, é un asunto con moitos puntos de vista diferentes.
Atopamos xente que se favorece deste novo fenómeno, que adquire certa populariedade, e pode darse o caso que guste máis o contido do remix que o orixinal. Un exemplo son estes vídeos musicais,canción orixinal de Bruno Mars e o outro é un remix dunha muller chamada Megan Nicole, que tamén foi moi visitado en Youtube.