Nestes dous textos atopámonos coas posturas que deberían ter ambas partes protagonistas do troco da información e os seus pagos. Ambos preséntannos unha idea clara: hai que saír do pensamento de que temos que defender a propiedade e parar de catalogar coma piratas aos usuarios de Internet que descargan cousas, e centrarse máis en resolver este conflicto. Proponnos, con exemplos de iTunes, Netflix... que hai que desarrollar máis plataformas onde se ofreza máis simpleza e comodidade ao usuario e, máis importante aínda, que paguen menor cantidade por maior calidade que os contidos 'ilegais' ('ilegais' para leis coma a Sinde no noso caso).
Débese chegar a un punto intermedio onde ambas partes, as empresas e os consumidores, poidan estar de acordo e levar beneficio ambos. Se as empresas non ceden e, por exemplo, seguen vendendo discos a 20€, o consumidor preferirá, como é lóxico, descargar contido con menor calidade. Se o consumidor non quere pagar por (seguindo co exemplo) ese disco, a empresa tampouco vai ceder. Por iso se nos mostra o camiño mediante iTunes e Netflix. A primeira obtivo 10 millóns de ventas no mundo da música virtual a precios máis rebaixados, pero ofrecendo unha maior calidade de audio. A segunda é un videoclube que ofrece unha tarifa plana por 6€ ó mes, seguindo coa idea de baixar os prezos mentres se conserve o beneficio, otorgando a cambio unha calidade e simpleza que agrada ó consumidor.
É unha gran solución a de comprar un producto por un menor precio, pero no mundo virtual, obtendo maior calidade que a descarga. Outra das solucións podería ser o de 'alugar' os productos por determinado tempo e evitando a súa 'expansión' para compartir o contido en línea (é dicir, poñelo na rede para que outros o poidan descargar) e despois que se retire ese contido. Como exemplo, no iTunes, pódese 'alugar' unha canción, reproducila durante unha semana e que despois desapareza do teu ordenador. Deste xeito pagas un menor prezo do que sería compralo para sempre.

No hay comentarios:
Publicar un comentario