Screencast feito por María, Pablo e Carmen
jueves, 21 de junio de 2012
martes, 19 de junio de 2012
Medios de Comunicación de Masas e Publicidade
O vídeo preséntanos unha secuencia protagonizada polo home sen careta, quen representa a un home libre, non atado á manipulación (dándolle este valor simbólico coa careta) que provocan os medios de comunicación. Este, intenta liberar e distraer a toda a xente da fila, quitándolles o que levan no carro, que é un xeito de representar a información; pero a xente segue sen distraerse e continúan seguindo ó paiaso, personaxe que representa ao medio de comunicación.
Toda a secuencia está ambientada nun deserto, no que se atopa o home non manipulado, xa que o resto da sociedade está atrapada nesa fila da manipulación e os medios de comunicación, que non deixan lugar á propia opinión. Finalmente, toda a xente que estaba na fila desvanece polo exceso de información, como se o seu cerebro xa cumprise a súa función de ser absorbido. O home solitario é ``capturado´´ para unha nova xeración de xente que obterá exceso de información.
A televisión
Na primeira escena aparecen dous aparatos, un é unha pantalla de televesión e o outro é un robot dotado dunha cara humana, a cal carece de beleza. Ésta ao ver o estereotipo que se mostra na televesión, comeza a imitalo, seguramente por desexo.
Pouco a pouco o rostro do robot vaise parecendo ao da televisión, mais nunca consegue acadalo totalmente xa que ambos aparatos rompen. Por iso, a imaxe da televisión rota quere darnos a entender que, sen alguén que vexa eses modelos de estética tan artificiais, a televisión sería inútil e non funcionaría, porque se houbese xente de pouca beleza dentro dela, poucos serían os espectadores.
A última televisión que se ve intenta darnos a entender que, xa que dentro dela se ve a alguén imitando a outra televisión, nos somos como o propio robot, estamos a facer o mesmo, imitando estes modelos de beleza.
Deste xeito deberiamos comprender a moralexa do vídeo: os ideais de estética implantados no mundo da comunicación son "irreais", produto moitas veces de operacións (exemplo disto é o vídeo).
sábado, 16 de junio de 2012
Mapa Conceptual para completar II
Unha teoría científica é un conxunto de conceptos, incluíndo abstraccións de fenómenos que se
poden observar e propiedades que se poden cuantificar, xunto con regras, que
expresan as relacións entre as observacións deses conceptos.
Para entender mellor: proponse como un principio ou conxunto
de principios que tratan de explicar a realidade.
A maioría das teorías científicas compóñense do modelo
teórico e da hipótese teórica. O modelo teórico é un sistema real formado por
conceptos e leis teóricas que permiten facer prediccións bastante xerais, xa
que os enunciados máis limitados establécense na teoría. Sen embargo, a
hipótese teórica é outro método que se utiliza para verificar que a teoría se
comporte como o modelo que a representa, é dicir, que sirva para facer deduccións
moito máis concretas e profundas da realidade.
Esa realidade é
máis ca simple integración
das partes; trátase de comprendelo como un todo inseparable, resultado das
interrelacións entre os elementos, relacións e propiedades do que nos rodea, os
cales na súa integración condicionan o proceso da formulación da teoría
científica.
Mapa conceptual sobre a Ciencia
A ciencia é unha forma de coñecemento. O que os científicos fan cando elaboran ciencia é unha actividade que consiste en producir, usar e modificar modelos que describen e explican a realidade para tratar de resolcer problemas, de comprender e explicar os fenómenos que observamos.
O coñecemento científico é racional, en primeiro lugar polo seu carácter sistemático e en segundo lugar porque as súas teorías ou modelos han de ser xustificadas. Isto quere dicir que ademais de seren coherentes entre si, teñen que poder superar con éxito duras probas de contrastación ou comprobación para seren aceptadas.
Por estar xustificado mediante duras probas de contrastación, o coñecemento científico preséntase como obxectivo, é dicir, coa pretensión de representar de forma adecuada o mundo natural ou social.
O coñecemento científico é un coñecemento perfectible, revisable, autocorrectivo e autocrítico. Dentro das finalidades que se propón, é a mellor forma de coñecemento que nun momento dado se posúe.
Falamos de ciencia, pero en realidade non existe unha soa ciencia senón varias: En primeiro lugar hai unha diferenza entre as ciencias formais e as ciencias experimentais. As formais (matemáticas e lóxica) non tratan de feitos, non nos din nada sobre o mundo real. Tratan de signos baleiros de contido semántico e das súas relacións sintácticas ou operacións entre eles. O método propio destas ciencias é o método axiomático-deductivo. A garantía de verdade das súas afirmacións e xustificación racional depende da coherencia formal, e non precisan, polo mesmo, de contrastación empírica.
As ciencias experimentais, en cambio, á parte de ter que cumprir os requisitos formais de coherencia, por trataren de representar a realidade natural ou social-humana, rpecisan -como condición necesaria para a súa xustificación racional- da comprobación empírica, é dicir, da contrastación das súas afirmacións cos feitos, é dicir, de contrastación empírica.
E dentro das ciencias experimentais ou empíricas tamén se fai a distinción entre as ciencias naturais, que teñen por obxecto os fenómenos naturais, e as ciencias sociais ou humanas, o obxecto das cales son os seres humanos e os seus produtos culturais.
viernes, 15 de junio de 2012
Mapa Conceptual para completar
O proceso que executamos no
momento da percepción denomínase intuición. A intuición é a operación do
coñecemento que permite a captación inmediata de algo. Non é un proceso mediado
pola reflexión, e por iso nel non podemos distinguir fases. Mais si podemos
distinguir dous tipos de intuición dependendo de como se nos dean os datos que
van ser captados.
a) Os datos danse simultaneamente ao proceso de captación polos sentidos e proveñen do mundo exterior ao suxeito, isto é, dun obxecto “transcendente”. O resultado deste proceso é a percepción.
b) Os datos sensibles extráense de experiencias previas, é dicir, son inmanentes ao propio suxeito, ou son recreados polo propio suxeito. Os primeiros proveñen da memoria lembrando experiencias previas e os segundos da imaxinación.
Ademais dos esquemas que subministra a experiencia individual, o ser humano posúe, pola súa característica de ser cultural, uns coñecementos compartidos co resto dos seres humanos e que se transmiten na aprendizaxe por medio da linguaxe.
O coñecemento non remata coa percepción, nin tan sequera no recordo ou imaxinación. En realidade, non dicimos que coñecemos o que é un obxecto só porque viramos un, senón que queremos dicir que podemos identificar outros obxectos semellantes a el como pertencentes á mesma clase. O coñecemento, neste último sentido, precisa de algo máis ca unha simple percepción, precisa unha síntese de percepcións distintas baixo un denominador común, que é o concepto. Este vén sendo, xa que logo, o conxunto de trazos característicos cos que asimilo as percepcións particulares. Estes conceptos que se forman a través da síntese da miña experiencia son usados pola razón para codificar para min o mundo, e cada nova experiencia tratará de axustarse a eles. Os conceptos ordénanse na nosa mente dun modo xerárquico, formando un sistema de relacións mutuas de tal xeito que a memoria pode recuperar parte do noso coñecemento no momento preciso. Os coñecementos que non se atopan “ben ordeados” son facilmente esquecibles ou recuperables unicamente de xeito casual e non producen coñecemento verdadeiramente operativo.
Unha parte da información obtémola por inspección observacional a través dos sentidos, a este tipo de coñecemento chamámoslle coñecemento directo. Grazas a que somos capaces de organizar a información en conceptos e proposicións, mediante a linguaxe podemos pensar, imaxinar e describir modelos posibles sobre a realidade. Así grazas ao razoamento inferencial podemos construír nova información sobre o mundo. A este tipo de coñecemento chamámoslle indirecto ou inferencial.

viernes, 18 de mayo de 2012
Solucións (editado)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhkEZ6frnZli3pSe-9WtetqYnfXbEnNcHE6A9b-wLxFlCWKUoS-Hi539r27v4yFE_evAsWoGClcHNdJmYaUukgRmHzkaEAHfLW_OP6EQcgJEtEUiihfNsErRESqn8aiEDI6HU6GqV8Nmw-V/s320/copyright.jpg)
Á hora de crear novas obras, plantéxasenos o problema de que ao fin e ao cabo, esa obra é unha mezcla de outros elementos existentes anteriormente. Se é unha escultura, o ferro xa existía. Se é unha canción, as notas e instrumentos xa existían. É un tanto egoísta e incrible cobrar a orixinalidade de algo, cando está baseado noutros algos que tiveron que obter unha orixinalidade, a cal no se cobrou ao autor do novo producto.
A solución, por parte dunha consumidora coma min, sería complicada, pero da filosofía do 'ollo por ollo e dente por dente': que os que aportaron os materiais do producto vendido, que cobra o copyright, se leven unha porcentaxe de todo o diñeiro obtido. Por exemplo, se Alejandro Sanz consegue 10 millóns cunha canción, que se lle de un 1% a empresa que lle deu o micrófono do estudo, outro 1% ao que aportou a máquina de edición da canción, outro 1% ao que tocou a guitarra... etcétera. E claro, esta idea non gustaría. Pero soamente quedaría a opción de non cobrar o copyright, cousa que non creo que guste ás empresas vendedoras.
A solución que aporta o autor que debería levar a cabo o Estado é destinar a cantidade obtida pola recaudación dos ingresos por compesación por copia privada á industria cultural nacional, sendo repartida de maneira que se coñeza públicamente e ao detalle. Tamén que se añada unha casilla na declaración da renta na que se poida destinar unha parte dos impostos para a compensación da copia realizada de maneira privada. Solucións lóxicas, xa que así se recauda o diñeiro de xeito que o cidadán o fai voluntariamente, e para evitar recaudar o diñeiro de maneira obrigada, puidendo provocar o enfado do consumidor, que é o último que hai que buscar no comercio.

A pirataría II (editado)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj81WnP-Ai36oTmV2SgFYIR5X_07Q1XOhT0omDKz5hxOR2AnAhyphenhyphentrR8DlqSpJNf-Eh1UcIi1tTLvgc_9e3PUuFMDSWfOdTGWX-JBkhP_3TcbVFdFq2p8OUYbGvQNnfJHnqyU4G2VYSTRnhd/s200/16-01-2012-Ley-Sopa-320x320.jpg)
Se nos propón que se sancione a aquelas páxinas web que busquen o beneficio a partir de esta 'ilegalidade'. E resulta o máis lóxico, xa que hai artistas nacidos en YouTube (como exemplo temos a Justin Bieber) que grazas a esta 'falta de respeto da propiedade intelectual', aparte de obter maiores opcións para o usuario, obtense tamén, máis posibles 'clientes' por parte do propietario intelectual.As solucións polo momento son moi variadas. Mentres en Estados Unidos están coa Ley SOPA (coñecen que esta ley afectaría a toda Internet, por eso suspendeuse a toma de decisión de aprobar ou rechazar), en España atopámonos con algo máis radical, pero máis local como é a Ley Sinde. A mellor solución é o acordo entre ambas partes (a empresa que vende e o consumidor) e que os gobernos soamente se ocupen de efectuar esa ley establecida. En Internet non debe haber 'gobernos', xa que é unha plataforma libre, utilizada por todos como medio de comunicación e información.
jueves, 17 de mayo de 2012
A pirataría
Nestes dous textos atopámonos coas posturas que deberían ter ambas partes protagonistas do troco da información e os seus pagos. Ambos preséntannos unha idea clara: hai que saír do pensamento de que temos que defender a propiedade e parar de catalogar coma piratas aos usuarios de Internet que descargan cousas, e centrarse máis en resolver este conflicto. Proponnos, con exemplos de iTunes, Netflix... que hai que desarrollar máis plataformas onde se ofreza máis simpleza e comodidade ao usuario e, máis importante aínda, que paguen menor cantidade por maior calidade que os contidos 'ilegais' ('ilegais' para leis coma a Sinde no noso caso).
Débese chegar a un punto intermedio onde ambas partes, as empresas e os consumidores, poidan estar de acordo e levar beneficio ambos. Se as empresas non ceden e, por exemplo, seguen vendendo discos a 20€, o consumidor preferirá, como é lóxico, descargar contido con menor calidade. Se o consumidor non quere pagar por (seguindo co exemplo) ese disco, a empresa tampouco vai ceder. Por iso se nos mostra o camiño mediante iTunes e Netflix. A primeira obtivo 10 millóns de ventas no mundo da música virtual a precios máis rebaixados, pero ofrecendo unha maior calidade de audio. A segunda é un videoclube que ofrece unha tarifa plana por 6€ ó mes, seguindo coa idea de baixar os prezos mentres se conserve o beneficio, otorgando a cambio unha calidade e simpleza que agrada ó consumidor.
É unha gran solución a de comprar un producto por un menor precio, pero no mundo virtual, obtendo maior calidade que a descarga. Outra das solucións podería ser o de 'alugar' os productos por determinado tempo e evitando a súa 'expansión' para compartir o contido en línea (é dicir, poñelo na rede para que outros o poidan descargar) e despois que se retire ese contido. Como exemplo, no iTunes, pódese 'alugar' unha canción, reproducila durante unha semana e que despois desapareza do teu ordenador. Deste xeito pagas un menor prezo do que sería compralo para sempre.

viernes, 4 de mayo de 2012
lunes, 26 de marzo de 2012
O consumo colaborativo
Comezamos a deixar atrás a sociedade hiperconsumista para poder dar paso ao incrible consumo colaborativo. Deste xeito reinvéntase o que consumimos e a forma coa que o consumimos; damos lugar na nosa sociedade ao trueque e aluguer dos nosos propios caprichos e desexos á hora de mercar e que logo non se utilizan.
Aínda que levamos convivindo e compartindo cousas dende sempre, houbo varias razóns para deixar atrás a xeración na que solo pensabamos en nós mesmos (é dicir eu e solo eu) e dar lugar o real e palpable consumo colaborativo :
1.Aparece unha fe renovada na importancia da comunidade
2.Crecente número de redes sociais de igual a igual e de tecnoloxías a tempo real
3.Preocupacións non resoltas sobre o medio
4.Recesión mundial que impacta sobre o comportamento dos consumidores
Ademáis atopamos 3 sistemas diferentes que fan cambiar a mentalidade e permiten compartir recursos:
-Mercados de redistribución, é dicir, un obxecto sen utilizar pasa a un lugar onde é necesario
-Estilo de vida colaborativo
-Servicio de intercambio de recursos e productos, fundamentándose en que pagamos polo beneficio do producto, sen necesidade de poseelo directamente.
A idea fundamental na que nos baseamos na sociedade actual é : NON QUERO COUSAS, QUERO AS NECESIDADES QUE SATISFACEN.
Coa gran evolución da tecnoloxía, posibilitouse a confianza entre persoas que se descoñecen totalmente, e que ó final, fan un intento de imitar relacións que antes se tiñan en persoa. Pero aquí está a gran interrogante para todos: De onde surxíu a idea do consumo colaborativo? A solución é ben doada, nós pasamos de ser consumidores pasivos, a ser creadores e incluso colaboradores; demos lugar a Xeración We.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjgf-AKju60cY9Mqog9Gl7KqXg023kbAZHHLkBRoEl02_kVLWOV1gSdnsbOAEnjcoZJY4gRuI7RNOXrHLS58WVD_6kUIYkPegoGPQkPme0zU_q_HTthjmvxtNfTKdJkptKfPI2TiGqtmZdU/s200/Redistributionsystemsbeforeaftersized680x425.jpg)
1.Aparece unha fe renovada na importancia da comunidade
2.Crecente número de redes sociais de igual a igual e de tecnoloxías a tempo real
3.Preocupacións non resoltas sobre o medio
4.Recesión mundial que impacta sobre o comportamento dos consumidores
Ademáis atopamos 3 sistemas diferentes que fan cambiar a mentalidade e permiten compartir recursos:
-Mercados de redistribución, é dicir, un obxecto sen utilizar pasa a un lugar onde é necesario
-Estilo de vida colaborativo
-Servicio de intercambio de recursos e productos, fundamentándose en que pagamos polo beneficio do producto, sen necesidade de poseelo directamente.
A idea fundamental na que nos baseamos na sociedade actual é : NON QUERO COUSAS, QUERO AS NECESIDADES QUE SATISFACEN.
domingo, 25 de marzo de 2012
Crowdcomputing
Día a día atopámonos con diferentes formularios, ou imaxes coma esta que debemos resolver.
A isto se lle chama: CAPTCHA
Unha captcha é un sistema de recoñecemento para saber se o usuario que está accedendo a unha aplicación, é un humano ou é unha máquina que procesa datos automáticamente.Para isto utílizanse imaxes deformadas que son difíciles de ler por máquinas, pero o usuario humano enténdeas fácilmente. Ademáis serven para combatir o spam.
A medida que foi evolucionando este campo, apareceu outro novo termo que xurde ó darse conta de que xente de todo o mundo ingresa uns 200 millóns de captchas e gastas nisto, uns 10 segundos do seu tempo. Para atopar algunha forma de converter este esforzo en algo útil para a humanidade, elaboran o RECAPTCHA. Este sistema ademáis de verificar que son humanos, axuda no proceso de dixitalizar libros. Para iso séguense unha serie de pasos:
1.Escanéase un libro e obtense unha imaxe que contén o texto de cada imaxe.
2.Un programa informático ou tecnoloxía chamada ROC converte a texto, todas as palabras da imaxe.
(Aínda que existen problemas co ROC á hora de obter imaxe de libros antigos, con páxinas amarelas...)
3.Tómanse as palabras que o ordenador non descifra e o recaptcha fai que as persoas as descifren mentres introducen unha captcha na web.
4. O sistema pon dúas palabras: unha descoñecida (da que non se coñece a resposta e polo tanto o sistema non a puntúa) e unha coñecida ( que se se ingresa ben, supónse que é un humano). Que as palabras sexan ao azar, deu lugar a cousas interesantes como foi producir un gran meme: CAPTCHArt.
DATO: Coa cantidade de captchas introducidos diariamente, axúdase a dixitalizar uns 200 millóns e medio de libros ó ano.
A partires de aquí, xurde unha cuestión nova para resolver por parte de Luís Von Ahn: Cómo podemos facer que 100 millóns de persoas traduzan a web, a idiomas principais de xeito gratuito?
Primeiramente atopámonos con 2 problemas:
1.Ausencia de persoas bilingües
2.Motivación
E a continuación preguntámonos cómo motivar ás persoas para que o fagan gratis. Luís atopa unha solución e crea xunto co seu equipo, unha plataforma chamada DUOLINGO, que nos axuda ao aprendizaxe de outros idiomas a medida que imos traducindo a web. Todo isto é obra dun gran traballo colaborativo por parte de todos, tanto dos creadores como dos participantes.
A isto se lle chama: CAPTCHA
Unha captcha é un sistema de recoñecemento para saber se o usuario que está accedendo a unha aplicación, é un humano ou é unha máquina que procesa datos automáticamente.Para isto utílizanse imaxes deformadas que son difíciles de ler por máquinas, pero o usuario humano enténdeas fácilmente. Ademáis serven para combatir o spam.
A medida que foi evolucionando este campo, apareceu outro novo termo que xurde ó darse conta de que xente de todo o mundo ingresa uns 200 millóns de captchas e gastas nisto, uns 10 segundos do seu tempo. Para atopar algunha forma de converter este esforzo en algo útil para a humanidade, elaboran o RECAPTCHA. Este sistema ademáis de verificar que son humanos, axuda no proceso de dixitalizar libros. Para iso séguense unha serie de pasos:
1.Escanéase un libro e obtense unha imaxe que contén o texto de cada imaxe.
2.Un programa informático ou tecnoloxía chamada ROC converte a texto, todas as palabras da imaxe.
(Aínda que existen problemas co ROC á hora de obter imaxe de libros antigos, con páxinas amarelas...)
3.Tómanse as palabras que o ordenador non descifra e o recaptcha fai que as persoas as descifren mentres introducen unha captcha na web.
4. O sistema pon dúas palabras: unha descoñecida (da que non se coñece a resposta e polo tanto o sistema non a puntúa) e unha coñecida ( que se se ingresa ben, supónse que é un humano). Que as palabras sexan ao azar, deu lugar a cousas interesantes como foi producir un gran meme: CAPTCHArt.
DATO: Coa cantidade de captchas introducidos diariamente, axúdase a dixitalizar uns 200 millóns e medio de libros ó ano.
A partires de aquí, xurde unha cuestión nova para resolver por parte de Luís Von Ahn: Cómo podemos facer que 100 millóns de persoas traduzan a web, a idiomas principais de xeito gratuito?
Primeiramente atopámonos con 2 problemas:
1.Ausencia de persoas bilingües
2.Motivación
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEijzV5obhODPjlJPFkqQ6z1KHmaEu0E-vvdWS_ZhMi4fjBAIIu0mkN4sR7FTV3YoIbFQI54EFz9GY0iUq76p7e4hCbtVfx26aNtPuZropVbP64JhOsrWMHAXBU4AXnt2iQ0IsRkYGUmGGJC/s320/duolingo.png)
viernes, 17 de febrero de 2012
Amateurización de contidos
O mundo artístico e da fama é moi relativo. Quen non soñou nunca con ser famoso,poder cantar algunha canción ou mesmo facer unha coreografía que fose recoñecida? A partir destes pensamentos abordamos o tema da amateurización dos contidos.
A consecuencia deste asunto, son dúas vías contraditorias, unha pode ser o perigo para os artistas e patrimonio cultural e outra a aparición dunha nova corrente artística. Ésta pódese considerar positiva porque aparecen máis artistas que suben os seus contidos para ser vistos, e para eles é un novo recurso que os potencia e axuda a ser recoñecidos ou mesmo gozar da fama online.Por outra banda atopamos a parte negativa do tema, os propios artistas vense perxudicados tanto no ámbito económico como no moral,xa que ven que ahora calquera pode ser `artista´, e deféndense dicindo que os seus contidos teñen máis calidade. Ademáis Internet ofrece actualmente programas estilo Ares, que con só un click pódense descargar miles de cancións gratuítamente, por iso o traballo das compañías discográficas vese tamén afectado.
Sen dúbida algunha, é un asunto con moitos puntos de vista diferentes.
Atopamos xente que se favorece deste novo fenómeno, que adquire certa populariedade, e pode darse o caso que guste máis o contido do remix que o orixinal. Un exemplo son estes vídeos musicais,canción orixinal de Bruno Mars e o outro é un remix dunha muller chamada Megan Nicole, que tamén foi moi visitado en Youtube.
domingo, 5 de febrero de 2012
Novas formas de ler
A sociedade na que vivimos comeza a evolucinar utilizando novas tecnoloxías dixitais; neste caso o libro electrónico.
O libro electrónico ou tamén chamado e-book é unha versión dun libro ou dun texto publicado na World Wide Web ou noutros formatos. Como todo, este dispositivo presenta unha serie de vantaxes e desvantaxes, por iso xurde unha cuestión moi relevante na actualidade: Substituiremos o libro de papel tradicional polo libro electrónico?
Neste tema que abordamos, atopámonos con diferentes opinións, unhas a favor e outras en contra. Comezemos coas opinións positivas:
- Facilidade á hora de moverse, grazas a súa autonomía
-Menos gasto de papel e tinta
-A reducción do consumo de papel, fai que a presión á que se ve sometida os bosques diminúa
-Non ten o inconveniente de cansar a nosa vista, xa que utiliza cores básicas como o negro e o blanco
-Posibilidade de enriquecer a lectura por medio de enlaces multimedia
-Posibilidade de formarse bibliotecas, é dicir, gardar moitos exemplares nun dispositivo portátil, xa que estes libros ocupan pouca memoria
-Non ocupa moito espazo e non se deteriora co tempo
-Permite facer anotacións e sobresaltar partes do texto
Agora imos facer referencia a unha serie de inconvenientes:
-Non poden copiarse nin imprimirse
-Non hai de momento unha ampla oferta coma nos libros impresos
-En moitos casos, a edición dos libros electrónicos é a conveniencia do editor
-Pode romperse ou chegar a fallar a causa de golpes
-A resolución é menor
-Precisan dunha recarga na batería do dispositivo
-Ás veces imposibilidade á hora de controlar as descargas ilegais
-O precio non soe ser barato
Tras a enumeración con diferentes características positivas e negativas do libro electrónico, podo concluír coa miña opinión: Non é o mesmo ter un libro tradicional, pasar as páxinas, sentir o tacto, sentir o seu ``olor´´... todo. Para min non é o mesmo sentarme e ler un libro tranquilamente ca estar cun aparato lendo, pero sei que o libro electrónico é unha revolución, xa que a tecnoloxía será o noso futuro. O único que espero e que non se perdan nunca os libros tradicionais e continuemos enriquecendo as bibliotecas.

jueves, 26 de enero de 2012
Estanos Internet a volver imbéciles?
Ambos artigos confrontan unha serie de ideas diferentes sobre unha cuestión moi relevante nestes momentos: Estanos Internet a volver imbéciles?
Nicholas Carr, escritor americano, presentou unhas ideas relacionados coa cuestión anterior. Afirma que hoxe en día facemos unhas lecturas superficiais ós artigos. Isto é debido a que non temos unha concentración axeitada, xa que nos dispersamos do obxetivo, facendo outras tarefas ``tentadoras´´ como abrir o correo, visitar unha das nosas páxinas favoritas, estar nalgunha das nosas redes sociais máis habituais... o que repercutirá, co paso do tempo, nas nosas habilidades cognitivas.
As persoas tendemos a relacionar a mente humana cun ordenador no que se almacenan millóns de informacións, e a Internet cunha memoria colectiva. Pouco a pouco, isto provoca que usemos cada vez máis os aparatos electrónicos en vez de exercitar a nosa mente, que se segue así deteriorarase nun curto periodo de tempo.
Malia a estes pensamentos, destaca unha idea principal moi clara para todos nós: A tecnoloxía provoca unha melloría nas habilidades visuais.
Outras ideas secundarias aportadas por milleiros de analistas, concordan en que a expresión escrita e a ortografía nas redes sociais contribúen a facernos unha primeira impresión relacionada co prestixio social, coa cultura e a credibilidade. Neste medio de escritura e expresión aparecen os chamados Hoygan, usuarios que irrumpen xeralmente nos foros cunha ortografía e expresión lamentable, ademáis de dirixirse ó resto con escasos modales; chégase a conclusión de que ambos problemas ocorren tanto dentro como fóra da rede, e por iso non é culpa de Internet, se non do sistema educativo.
O noso entender, igual que na linguaxe falada, na rede segundo a situación na que se atope o usuario ou segundo quen sexa o receptor da mensaxe, cada un de nós exprésase dun xeito máis formal ou doutro.
A pesar de todo isto podemos concluír que en Internet cada un exprésase o mellor que sabe e pode, polo tanto é neutral e útil para todos.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)