viernes, 17 de febrero de 2012

Amateurización de contidos


O mundo artístico e da fama é moi relativo. Quen non soñou nunca con ser famoso,poder cantar algunha canción ou mesmo facer unha coreografía que fose recoñecida? A partir destes pensamentos abordamos o tema da amateurización dos contidos.
A consecuencia deste asunto, son dúas vías contraditorias, unha pode ser o perigo para os artistas e patrimonio cultural e outra a aparición dunha nova corrente artística. Ésta pódese considerar positiva porque aparecen máis artistas que suben os seus contidos para ser vistos, e para eles é un novo recurso que os potencia e axuda a ser recoñecidos ou mesmo gozar da fama online.
Por outra banda atopamos a parte negativa do tema, os propios artistas vense perxudicados tanto no ámbito económico como no moral,xa que ven que ahora calquera pode ser `artista´, e deféndense dicindo que os seus contidos teñen máis calidade. Ademáis Internet ofrece actualmente programas estilo Ares, que con só un click pódense descargar miles de cancións gratuítamente, por iso o traballo das compañías discográficas vese tamén afectado.
Sen dúbida algunha, é un asunto con moitos puntos de vista diferentes.
Atopamos xente que se favorece deste novo fenómeno, que adquire certa populariedade, e pode darse o caso que guste máis o contido do remix que o orixinal. Un exemplo son estes vídeos musicais,canción orixinal de Bruno Mars e o outro é un remix dunha muller chamada Megan Nicole, que tamén foi moi visitado en Youtube.



domingo, 5 de febrero de 2012

Novas formas de ler

A sociedade na que vivimos comeza a evolucinar utilizando novas tecnoloxías dixitais; neste caso o libro electrónico.
O libro electrónico ou tamén chamado e-book é unha versión dun libro ou dun texto publicado na World Wide Web ou noutros formatos. Como todo, este dispositivo presenta unha serie de vantaxes e desvantaxes, por iso xurde unha cuestión moi relevante na actualidade: Substituiremos o libro de papel tradicional polo libro electrónico?
Neste tema que abordamos, atopámonos con diferentes opinións, unhas a favor e outras en contra. Comezemos coas opinións positivas:
- Facilidade á hora de moverse, grazas a súa autonomía
-Menos gasto de papel e tinta
-A reducción do consumo de papel, fai que a presión á que se ve sometida os bosques diminúa
-Non ten o inconveniente de cansar a nosa vista, xa que utiliza cores básicas como o negro e o blanco
-Posibilidade de enriquecer a lectura por medio de enlaces multimedia
-Posibilidade de formarse bibliotecas, é dicir, gardar moitos exemplares nun dispositivo portátil, xa que estes libros ocupan pouca memoria
-Non ocupa moito espazo e non se deteriora co tempo
-Permite facer anotacións e sobresaltar partes do texto
Agora imos facer referencia a unha serie de inconvenientes:
-Non poden copiarse nin imprimirse
-Non hai de momento unha ampla oferta coma nos libros impresos
-En moitos casos, a edición dos libros electrónicos é a conveniencia do editor
-Pode romperse ou chegar a fallar a causa de golpes
-A resolución é menor
-Precisan dunha recarga na batería do dispositivo
-Ás veces imposibilidade á hora de controlar as descargas ilegais
-O precio non soe ser barato

Tras a enumeración con diferentes características positivas e negativas do libro electrónico, podo concluír coa miña opinión: Non é o mesmo ter un libro tradicional, pasar as páxinas, sentir o tacto, sentir o seu ``olor´´... todo. Para min non é o mesmo sentarme e ler un libro tranquilamente ca estar cun aparato lendo, pero sei que o libro electrónico é unha revolución, xa que a tecnoloxía será o noso futuro. O único que espero e que non se perdan nunca os libros tradicionais e continuemos enriquecendo as bibliotecas.

jueves, 26 de enero de 2012

Estanos Internet a volver imbéciles?

Ambos artigos confrontan unha serie de ideas diferentes sobre unha cuestión moi relevante nestes momentos: Estanos Internet a volver imbéciles?

Nicholas Carr, escritor americano, presentou unhas ideas relacionados coa cuestión anterior. Afirma que hoxe en día facemos unhas lecturas superficiais ós artigos. Isto é debido a que non temos unha concentración axeitada, xa que nos dispersamos do obxetivo, facendo outras tarefas ``tentadoras´´ como abrir o correo, visitar unha das nosas páxinas favoritas, estar nalgunha das nosas redes sociais máis habituais... o que repercutirá, co paso do tempo, nas nosas habilidades cognitivas.
 As persoas tendemos a relacionar a mente humana cun ordenador no que se almacenan millóns de informacións, e a Internet cunha memoria colectiva. Pouco a pouco, isto provoca que usemos cada vez máis os aparatos electrónicos en vez de exercitar a nosa mente, que se segue así deteriorarase nun curto periodo de tempo.


Malia a estes pensamentos, destaca unha idea principal moi clara para todos nós: A tecnoloxía provoca unha melloría nas habilidades visuais.
Outras ideas secundarias aportadas por milleiros de analistas, concordan en que a expresión escrita e a ortografía nas redes sociais contribúen a facernos unha primeira impresión relacionada co prestixio social, coa cultura e a credibilidade. Neste medio de escritura e expresión aparecen os chamados Hoygan, usuarios que irrumpen xeralmente nos foros cunha ortografía e expresión lamentable, ademáis de dirixirse ó resto con escasos modales; chégase a conclusión de que ambos problemas ocorren tanto dentro como fóra da rede, e por iso non é culpa de Internet, se non do sistema educativo.
O noso entender, igual que na linguaxe falada, na rede segundo a situación na que se atope o usuario ou segundo quen sexa o receptor da mensaxe, cada un de nós exprésase dun xeito máis formal ou doutro.

A pesar de todo isto podemos concluír que en Internet cada un exprésase o mellor que sabe e pode, polo tanto é neutral e útil para todos.




domingo, 18 de diciembre de 2011

Os graos de separación

No mundo non estamos sós nin moitísimo menos. O organismo formado por tódolos seres humanos está conectado moito máis profundo do que creiamos. 



As redes sociais non só difunden cousas positivas, senon que tamén cousas negativas que inflúen ás persoas a través do efecto multiplicador. Hai dous tipos de redes, as redes que se constrúen cun obxectivo concreto e as que redes que nacen por un método natural, é dicir polos nosos actos. Ambos tipos manifestan propiedades idénticas, por exemplo a propiedade do mundo pequeno que consiste na difusión rápida de información. Debemos mencionar a famosa regla das 6 conexións (media para conectarnos no noso planeta) para transmitir unha palabra ou mensaxe, e a regla dos 3 graos de seperación que inflúe nos hábitos das persoas como a tendencia a engordar, o tabaco...


Moitas persoas ó saber que as redes sociais condicionan tanto á vida, pensan que se deben repetir os patróns que circulan nese momento na sociedade. Os dous temas principais que afectan ás redes sociais son o CONTAXIO e a CONEXIÓN. O contaxio, incita a copiar o comportamento das persoas coas que estamos conectados, é dicir copiar tanto os estados emocionais coma os hábitos. E a conexión afecta tanto á hora de escoller a rede e con quen a queremos compartir, como na estrutura da rede.


As redes sociais como Facebook, Twitter,etc supoñen unha revolución, un fenómeno novedoso na maneira na que as persoas nos conectamos, aínda que teñen tamén algo en común coas   ``aldeas do Paleolítico´´. As implicacións destas redes na vida diaria,no saber, no contacto con outras persoas, nas linguaxes son boas para a creatividade e a innovación. Propoñen unha nova forma de pensar o mundo.
Antes só había persoas cos seus propios ideais, que non estaban influenciados por nada nin por ninguén, pero hoxe en día ó ter conexións con outras persoas podemos diferenciar, e incluso cambiar o comportamento invididual e o comportamento grupal de cada un de nós.


Por iso se di que ``a información xa está no ciber-espacio, só hai que saber como aproveitala´´.

Memética

Iniciamos cunha breve introducción do artigo da Dr.Susan Blackmore.
Os humanos somos moi extraños. Os nosos corpos foron evolucionando ó longo da historia por selección natural e son moi diferentes ao resto dos corpos dos seres vivos. De todos os seres vivos que habitaron o noso planeta, os humanos somos os únicos capaces de imitar ós nosos similares e polo tanto podemos copiar ideas,costumes,modas,inventos,cancións,en resumo isto é o meme.

O término "meme" foi alcumado en 1976 por Richard Dawkins. Os memes, son replicantes empeñados en introducirse na maioría dos cerebros que poidan, e iniciar unha competición que lle da a forma as nosas mentes e a nosa cultura, da mesma maneira na que a selección natural diseñou os nosos corpos. O meme é a unidade teórica de información cultural transmisible dun individuo a outro, o dunha mente a outra, ou dunha xeneración á seguinte.

Susan Blackmore (psicóloga inglesa) no seu artigo trata de resolver dúas cuestións principais, pero a máis profunda é : ¿Quen son eu? 
Ese meollo da conciencia, o eu interior, no é máis ca unha ilusión creada polos memes no seu esforzo por autorreplicarse. Nós somos grupos de memes egoístas que se xuntaron por e para sí mesmos, aínda que cada un de nós é unico, os propios memes proveñen de criaturas anteriores, e se falamos, escribimos e nos comunicamos, perdurarán en criaturas futuras. 


Atopamos dous métodos para desmantelar os problemas meméticos:
- A ciencia, que busca a veracidade en probas evidentes.
- O zen, onde cada concepto é sometido a escrutinio

martes, 13 de diciembre de 2011

Revolucións e as Redes Sociais (editado)



Na destitución dos réximes de Túnez e Exipto, así como no resto de revoltas árabes que comezaron a primeros deste 2011, incluso nas protestas europeas, Internet e en particular as redes sociais xogaron un papel determinante.
As historias das revoltas difundíronse e cando as protestas comezaron a repetirse en diferentes lugares, a organización reveladora volcouse a Internet. Ademáis, a rede converteuse nunha forma de conectar co exterior e de salvar o bloqueo informativo imposto polo réxime de Ben Ali (político tunecino ao que lle pedían a dimisión).


O caso máis notorio donde se ve a importancia de Internet e das redes sociais foi Exipto, que tras varias manifestacións e disturbios, fixou unha data clave como inicio das protestas para a dimisión de Ben Alí, o martes 25 de xaneiro. Esta xornada convertíase nun punto de inflexión para as protestas e revelación de todos os ciudadanos exiptos. Días antes comezou a funcionar en Twitter o TT #25jan que serviu para incitar e difundir a convocatoria das protestas bautizadas como o ‘Día da Ira’. Desde Facebook tamén se chamaba á acción e os blogs tamén axudaron a extender a convocatoria e a facer ruído en Internet. Días antes da fecha comezou a circular o vídeo dunha exipcia, Asmaa Mahfouz, que nunha emotiva mensaxe chamaba á movilización dos seus compatriotas o 25 de xaneiro. A difusión do vídeo foi impresionante e YouTube obtuvo miles de visitas, compartiuse nas redes sociais e distribuíuse por gran parte da blogosfera. Tamén coa axuda das cámaras integradas nos dispositivos móbiles, púdose subir fotos de maneira inmediata e continua ás redes sociais, así como gravar vídeos que serviran como testimonio das revoltas que estaban a suceder nese país.


Coas redes sociais mantemos o contacto inmediato con tódalas partes do mundo,o que pode ser unha vantaxe fronte os medios tradicionais xa que se conta toda a información, ata o mínimo detalle que ás veces é incuberto, sen exclusión de ningún tipo. Atopamos xente que non está conforme coas redes sociais por mor de desconfianza,seguridade... e outra que as considera coma unha ferramenta útil, informativa e de entretemento.