Iniciamos cunha breve introducción do artigo da Dr.Susan Blackmore.
Os humanos somos moi extraños. Os nosos corpos foron evolucionando ó longo da historia por selección natural e son moi diferentes ao resto dos corpos dos seres vivos. De todos os seres vivos que habitaron o noso planeta, os humanos somos os únicos capaces de imitar ós nosos similares e polo tanto podemos copiar ideas,costumes,modas,inventos,cancións,en resumo isto é o meme.
O término "meme" foi alcumado en 1976 por Richard Dawkins. Os memes, son replicantes empeñados en introducirse na maioría dos cerebros que poidan, e iniciar unha competición que lle da a forma as nosas mentes e a nosa cultura, da mesma maneira na que a selección natural diseñou os nosos corpos. O meme é a unidade teórica de información cultural transmisible dun individuo a outro, o dunha mente a outra, ou dunha xeneración á seguinte.
Susan Blackmore (psicóloga inglesa) no seu artigo trata de resolver dúas cuestións principais, pero a máis profunda é : ¿Quen son eu?
Ese meollo da conciencia, o eu interior, no é máis ca unha ilusión creada polos memes no seu esforzo por autorreplicarse. Nós somos grupos de memes egoístas que se xuntaron por e para sí mesmos, aínda que cada un de nós é unico, os propios memes proveñen de criaturas anteriores, e se falamos, escribimos e nos comunicamos, perdurarán en criaturas futuras.
Atopamos dous métodos para desmantelar os problemas meméticos:
- A ciencia, que busca a veracidade en probas evidentes.
- O zen, onde cada concepto é sometido a escrutinio

No hay comentarios:
Publicar un comentario