Coa gran evolución da tecnoloxía, posibilitouse a confianza entre persoas que se descoñecen totalmente, e que ó final, fan un intento de imitar relacións que antes se tiñan en persoa. Pero aquí está a gran interrogante para todos: De onde surxíu a idea do consumo colaborativo? A solución é ben doada, nós pasamos de ser consumidores pasivos, a ser creadores e incluso colaboradores; demos lugar a Xeración We.
Aínda que levamos convivindo e compartindo cousas dende sempre, houbo varias razóns para deixar atrás a xeración na que solo pensabamos en nós mesmos (é dicir eu e solo eu) e dar lugar o real e palpable consumo colaborativo :1.Aparece unha fe renovada na importancia da comunidade
2.Crecente número de redes sociais de igual a igual e de tecnoloxías a tempo real
3.Preocupacións non resoltas sobre o medio
4.Recesión mundial que impacta sobre o comportamento dos consumidores
Ademáis atopamos 3 sistemas diferentes que fan cambiar a mentalidade e permiten compartir recursos:
-Mercados de redistribución, é dicir, un obxecto sen utilizar pasa a un lugar onde é necesario
-Estilo de vida colaborativo
-Servicio de intercambio de recursos e productos, fundamentándose en que pagamos polo beneficio do producto, sen necesidade de poseelo directamente.
A idea fundamental na que nos baseamos na sociedade actual é : NON QUERO COUSAS, QUERO AS NECESIDADES QUE SATISFACEN.



