viernes, 17 de febrero de 2012

Amateurización de contidos


O mundo artístico e da fama é moi relativo. Quen non soñou nunca con ser famoso,poder cantar algunha canción ou mesmo facer unha coreografía que fose recoñecida? A partir destes pensamentos abordamos o tema da amateurización dos contidos.
A consecuencia deste asunto, son dúas vías contraditorias, unha pode ser o perigo para os artistas e patrimonio cultural e outra a aparición dunha nova corrente artística. Ésta pódese considerar positiva porque aparecen máis artistas que suben os seus contidos para ser vistos, e para eles é un novo recurso que os potencia e axuda a ser recoñecidos ou mesmo gozar da fama online.
Por outra banda atopamos a parte negativa do tema, os propios artistas vense perxudicados tanto no ámbito económico como no moral,xa que ven que ahora calquera pode ser `artista´, e deféndense dicindo que os seus contidos teñen máis calidade. Ademáis Internet ofrece actualmente programas estilo Ares, que con só un click pódense descargar miles de cancións gratuítamente, por iso o traballo das compañías discográficas vese tamén afectado.
Sen dúbida algunha, é un asunto con moitos puntos de vista diferentes.
Atopamos xente que se favorece deste novo fenómeno, que adquire certa populariedade, e pode darse o caso que guste máis o contido do remix que o orixinal. Un exemplo son estes vídeos musicais,canción orixinal de Bruno Mars e o outro é un remix dunha muller chamada Megan Nicole, que tamén foi moi visitado en Youtube.



domingo, 5 de febrero de 2012

Novas formas de ler

A sociedade na que vivimos comeza a evolucinar utilizando novas tecnoloxías dixitais; neste caso o libro electrónico.
O libro electrónico ou tamén chamado e-book é unha versión dun libro ou dun texto publicado na World Wide Web ou noutros formatos. Como todo, este dispositivo presenta unha serie de vantaxes e desvantaxes, por iso xurde unha cuestión moi relevante na actualidade: Substituiremos o libro de papel tradicional polo libro electrónico?
Neste tema que abordamos, atopámonos con diferentes opinións, unhas a favor e outras en contra. Comezemos coas opinións positivas:
- Facilidade á hora de moverse, grazas a súa autonomía
-Menos gasto de papel e tinta
-A reducción do consumo de papel, fai que a presión á que se ve sometida os bosques diminúa
-Non ten o inconveniente de cansar a nosa vista, xa que utiliza cores básicas como o negro e o blanco
-Posibilidade de enriquecer a lectura por medio de enlaces multimedia
-Posibilidade de formarse bibliotecas, é dicir, gardar moitos exemplares nun dispositivo portátil, xa que estes libros ocupan pouca memoria
-Non ocupa moito espazo e non se deteriora co tempo
-Permite facer anotacións e sobresaltar partes do texto
Agora imos facer referencia a unha serie de inconvenientes:
-Non poden copiarse nin imprimirse
-Non hai de momento unha ampla oferta coma nos libros impresos
-En moitos casos, a edición dos libros electrónicos é a conveniencia do editor
-Pode romperse ou chegar a fallar a causa de golpes
-A resolución é menor
-Precisan dunha recarga na batería do dispositivo
-Ás veces imposibilidade á hora de controlar as descargas ilegais
-O precio non soe ser barato

Tras a enumeración con diferentes características positivas e negativas do libro electrónico, podo concluír coa miña opinión: Non é o mesmo ter un libro tradicional, pasar as páxinas, sentir o tacto, sentir o seu ``olor´´... todo. Para min non é o mesmo sentarme e ler un libro tranquilamente ca estar cun aparato lendo, pero sei que o libro electrónico é unha revolución, xa que a tecnoloxía será o noso futuro. O único que espero e que non se perdan nunca os libros tradicionais e continuemos enriquecendo as bibliotecas.