jueves, 26 de enero de 2012

Estanos Internet a volver imbéciles?

Ambos artigos confrontan unha serie de ideas diferentes sobre unha cuestión moi relevante nestes momentos: Estanos Internet a volver imbéciles?

Nicholas Carr, escritor americano, presentou unhas ideas relacionados coa cuestión anterior. Afirma que hoxe en día facemos unhas lecturas superficiais ós artigos. Isto é debido a que non temos unha concentración axeitada, xa que nos dispersamos do obxetivo, facendo outras tarefas ``tentadoras´´ como abrir o correo, visitar unha das nosas páxinas favoritas, estar nalgunha das nosas redes sociais máis habituais... o que repercutirá, co paso do tempo, nas nosas habilidades cognitivas.
 As persoas tendemos a relacionar a mente humana cun ordenador no que se almacenan millóns de informacións, e a Internet cunha memoria colectiva. Pouco a pouco, isto provoca que usemos cada vez máis os aparatos electrónicos en vez de exercitar a nosa mente, que se segue así deteriorarase nun curto periodo de tempo.


Malia a estes pensamentos, destaca unha idea principal moi clara para todos nós: A tecnoloxía provoca unha melloría nas habilidades visuais.
Outras ideas secundarias aportadas por milleiros de analistas, concordan en que a expresión escrita e a ortografía nas redes sociais contribúen a facernos unha primeira impresión relacionada co prestixio social, coa cultura e a credibilidade. Neste medio de escritura e expresión aparecen os chamados Hoygan, usuarios que irrumpen xeralmente nos foros cunha ortografía e expresión lamentable, ademáis de dirixirse ó resto con escasos modales; chégase a conclusión de que ambos problemas ocorren tanto dentro como fóra da rede, e por iso non é culpa de Internet, se non do sistema educativo.
O noso entender, igual que na linguaxe falada, na rede segundo a situación na que se atope o usuario ou segundo quen sexa o receptor da mensaxe, cada un de nós exprésase dun xeito máis formal ou doutro.

A pesar de todo isto podemos concluír que en Internet cada un exprésase o mellor que sabe e pode, polo tanto é neutral e útil para todos.